Ola papis, mamis e peques!
As profes de Infantil non queriamos marchar de vacacións sen antes transmitirvos o noso agradecemento pola gran labor que realizada desde o día 13 de marzo.
Sen o voso esforzo, colaboración e constancia, a nosa labor non tería sentido.
Por iso, GRAZAS, grazas a todos por acompañarnos na nosa tarefa e por conseguir sacar desta situación, un montón de aspectos positivos para os nosos nenos e nenas.
Botámolos moito de menos durante a cuarentena e continuaremos botándoos moito de menos durante o verán.
Agora o que toca é descansar, así que desexámosvos que disfrutedes en familia das vacacións de verán.
NESTA CANCIÓN TEDES ALGUNHA IDEA DAS PAUTAS QUE QUEREMOS QUE SIGADES DURANTE AS VACACIÓNS.
OS DE 5 LEMBRADE QUE LER É TAMÉN SUPERDIVERTIDO.
VÉMONOS PRONTO, VOLTAREMOS A ESTAR XUNTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario