Os maiores de Infantil gozaron moitísimo da excursión de fin de curso. A Casa das Ciencias foi unha auténtica pasada, puideron experimentar, descubrir e xogar todo o que quixeron. A sesión de planetario “O ceo de Cloe”, foi tamén impresionante, puideron cantar e responder as preguntas de Cloe, moi interactivo e divertido para eles.
En definitiva, todo un luxo, incluído o persoal que nos acompañou, MARABILLOSOS.
Tamén teño que dicir que se portaron xenial e puxéronnolo moi fácil.
Aquí déixovos unha pequena mostra de diferentes momentos da xornada.







No hay comentarios:
Publicar un comentario