sábado, 2 de diciembre de 2023

Algo raro está pasando en 3 anos...

 O día 1 de decembro cando chegamos a clase había algo raro que nos sorprendeu e non sabíamos o que era. 

    - É para as cartas.

    - Eu creo que é para meter moedas.

    - Tamén hai un pitufo da navidad!

NON! 

     É un ELFO que nos mandou Papá Noel dende o Polo Norte!!

Na carta poñía que non tiña nome o elfo entón foi o primeiro que fixemos, buscarlle un nome. Despois de pensar e votar polo que máis nos gustaba o nome que escollímos foi:

                                                                    COQUÍ


Na carta de presentación dice que fai travesuras pero de momento portouse moi ben. Seguirá sen facer travesuras? Polo día vai estar na clase para ver como nos portamos e que vexa canto traballamos e pola noite volve marchar para o Polo Norte. 

Tamén temos un calendario de advento con actividades diferentes cada día. Dende logo o mes empezou moi emocionante! 

Non vos perdades a aventura de Coquí na clase de 3....




No hay comentarios:

Publicar un comentario