miércoles, 26 de junio de 2024

Despedida 3 anos

 Lévome a 25 tesouros para sempre no meu corazón! 

Un ano cheo de felicidade, aprendizaxes, risas, bos recordos, momentos máxicos e inesquecibles. Que rápido chegou FIN DE CURSO! 

Os peques de 3 xa creceron e deixan o mandilón amarelo para o azul... QUE MAIORES! 

Que sorte tiven de ser a vosa profe! 

Grazas por deixarme aprender tanto de cada un, sodes únicos meus poliños. Seguide crecendo e medrando sen perder o sorriso tan bonito que tedes, seguide con ese corazón tan grande sendo tan marabillosos. Sempre direi orgullosa que fun a vosa profe e sempre estarei para o que necesitedes. 


Grazas FAMILIAS por acollerme tan ben dende o primeiro momento. Que sorte tedes de ter uns tesouros tan valiosos. 

Sempre vos levarei no meu CORAZÓN. 

E como vos digo en clase... EU QUÉROVOS MOITO MOITO MÁIS!!

Profe Itziar



No hay comentarios:

Publicar un comentario