martes, 27 de mayo de 2025

O ENREDO DO ABELLEIRO

O alumnado de Infantil gozou dunha xornada moi especial en Arzúa, no museo vivinte “O Enredo do Abelleiro”.

Desde o primeiro momento, a experiencia foi tan doce como a mel! Nada máis chegar, foron recibidos cun divertido xogo no que puideron entender o funcionamento dunha colmea, converténdose en abellas obreiras, zánganos e mesmo elixindo unha raíña.

Os que quixeron puideron probar a mel, e todos tiveron a oportunidade de envasar o seu propio tarriño, que levaron para casa con moita ilusión. Tamén participaron nun obradoiro con cera de abella no que elaboraron unha vela artesanal e tiveron ocasión de observar de preto as colmeas. Un neno ou nena de cada grupo vestiu o traxe de apicultor para que o resto puidese ver como é este labor tan curioso e importante.

Unha saída didáctica chea de aprendizaxes, aromas doces e moita diversión! 
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario