O pasado mércores, o alumnado de Educación Infantil gozou dunha xornada moi especial no Parque das Insuas. Foi unha mañá chea de ilusión, natureza e moita diversión.
Ao chegar ao parque, realizamos unha dinámica conxunta que nos fixo rir, movernos e colaborar entre todos. Foi un momento perfecto para fortalecer lazos, traballar en equipo e aprender xogando.
Despois, deixamos voar a nosa imaxinación e pasámolo en grande cos xogos libres no medio da natureza. Correr, explorar e compartir entre compañeiros fixo desta saída unha experiencia inesquecible.
Estes momentos de convivencia axudan a reforzar os valores que traballamos no día a día e fannos crecer xuntos, como unha gran familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario