O alumnado de Educación Infantil desfrutou dunha xornada inesquecible na granxa Arqueixal, unha saída cultural chea de aprendizaxes, natureza e tradición.
Nada máis chegar, fomos recibidos por Manuel, un granxeiro dos de toda a vida, fixo que os nenos e nenas comezaran a visita cun sorriso enorme.
Durante a mañá, os pequenos puideron ver vacas e terneiros, aprender como se coidan e mesmo axudar a facer queixo, nun obradoiro no que poideron tocar, amasar e descubrir os segredos deste alimento tan noso.
A visita completouse cun paseo por unha casa antiga galega, onde coñeceron como vivían os nosos devanceiros e os costumes doutros tempos.
Foi unha experiencia única que combinou diversión, aprendizaxe e contacto coa natureza, reforzando valores como o respecto polos animais, o coidado do medio e o amor polas tradicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario