jueves, 16 de abril de 2026

Día da Arte


 Onte celebramos o Día da Arte, unha xornada moi especial dedicada á creatividade, á expresión e á imaxinación.


Este día celébrase cada 15 de abril para render homenaxe ao gran artista Leonardo da Vinci, que naceu nesa data no ano 1452. Leonardo foi un exemplo de curiosidade, talento e amor pola arte, xa que non só pintaba, senón que tamén investigaba, inventaba e observaba o mundo con moita atención.


Para conmemorar esta data, os menos de 5 años convertéronse en auténticos artistas. Realizamos unha actividade na que puideron pintar os seus propios cadros de maneira totalmente libre, sen ningunha pauta, explorando coas cores, as formas e as texturas.


Foi un momento cheo de ilusión no que cada neno e nena puido deixarse levar pola súa imaxinación, expresando emocións e ideas a través da pintura. O máis importante non foi o resultado final, senón o proceso creativo, a liberdade para experimentar e o goce de crear.


Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que nos lembrou que a arte está presente en todos nós.




No hay comentarios:

Publicar un comentario